Nunca saque diñeiro do seu banco por requirimento de descoñecidos, aínda que lle ofrezan, aparentemente, un gran negocio.
Non esqueza que na maioría dos timos interveñen dous ou máis delincuentes perfectamente concertados, pero aparentando seren descoñecidos entre si (por exemplo o parvo e o listo).
En calquera clase de contrato ou documento mercantil que lle ofrezan para asinar, lea a letra miúda e observe atentamente todo o relacionado coa data, cantidades, selo e sinatura.
Existe unha ampla gama de timos nos que a vítima, tentada pola avaricia dunha fácil ganancia, se deixa enganar inxenuamente por quen fai do engano o seu medio de vida. Citamos os máis correntes:
O "tocomocho", ou timo polo que se fai crer á vítima que pode beneficiarse do cobro dunha participación de lotería premiada.
O "timo da estampiña", que consiste en facer pasar recortes de xornal por billetes de curso legal.
O dos "trileiros", realizado en rastros e verbenas, a base de tres naipes, vasos ou cáscaras de noz, consistente en descubrir onde se atopa unha carta ou se oculta unha boliña.